Previous slide
Next slide

Dámosche a Benvida ao CRD

O Centro Residencial Docente de Vigo é un centro educativo para que os estudantes de ensino secundario ou ciclos formativos que teñan a súa residencia habitual lonxe desta localidade (VIGO) poidan cursar os seus estudos e, excepcionalmente, tamén para o alumnado universitario. O nóso Centro está situado na estrada de Madrid, no alto do monte Meixoeiro, xunto ao Complexo hospitalario do mesmo nome, e circundado polos centros escolares CIFP Manuel Antonio (compartimos recinto, instalacións e servizos), o IES Carlos Casares, o IES Ricardo Mella, e o CIFP Valentín Paz Andrade. Varias liñas de transporte urbano permiten a súa comunicación coa cidade.

Descobre o noso centro

Dende o punto de vista arquitectónico hai que salientar a orixinalidade da súa construción, cualidade que o acredita como un dos edificios docentes máis singulares de Galicia. Na súa estructura diferéncianse claramente dous corpos: por unha banda o Centro Residencial Docente (CRD) e pola outra o CIFP Manuel Antonio formado por una peculiar combinación de módulos que se comunican entre eles. Todo isto forma unha unidade con distintas zonas ben diferenciadas, simulando a organización arquitectónica das aldeas tradicionais galegas.

Novas do CRD de Vigo

Plan Director no CRD de Vigo

O CRD de Vigo colabora co Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos. Aquí deixamos algunhas

PUNTO LARANXA NO CRD DE VIGO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do